Hai facianas que gozan, que medran diante da cámara ó tempo que a engaiolan, que se deixan querer por ela, que aceptan as súas louvanzas. Cámara e rostro deléitanse en mutua satisfacción. Este é o caso de “Odiruol”.
Un pracer que se prestase a unha sesión para “Malos tempos para a lírica”. As tomas amosan a química entre Lou e o obxectivo.
“Se sabes esperar a xente esquecerase da túa cámara e a súa alma sairá á luz” Steve McCurry.
Anuncios
Solo decirvos que foi un pracer poñerme nas vosas mans, fantastico traballo!!!!
Pracer o noso poder contar contigo para facer esta sesión fotográfica, unha das máis productivas que fixemos!! Gracias Lou!! Esperamos que te gustes e que desfrutes destas imaxes… Apertas!!!