A VIAXE DE XABIER (1)

“…Por iso hai un tipo de morriña que non atrapa/ senón que nutre a liberdade/ nesa morriña como espuma nas ondas/ álzanse os soños.”  Do poema “Somos o que soñamos ser”  Manuel Rivas. 

Xabier leva anos engulindo quilómetros,  subíndose a escenarios, empapándose de diferentes culturas, de vidas alleas, de segredos  anónimos. Nos intres de acougo Xabier mergúllase en recunchos de papel e verte verbas, verbas amoreadas que adquiren forma de canción. Despois terma da  guitarra e suma unha melodía.  E entre letras, notas, acordes, ritmos e arranxos talla unha forma de vivir, un destino.

Xabier soña o que quere ser e entrégase  de cheo á procura  de ser o que soña.  Acadar os soños supón cargar co peso das renuncias e só para rozalos  é preciso rachar, pasar páxina e abrir ben os ollos a novos horizontes. Arriscar. 

Xabier Pérez non mira atrás e inicia unha nova viaxe cun disco que en breve verá a luz.  No punto de partida desta nova andaina quixo que as  cámaras de “Malos tempos para a lírica” estivesen aí para dar conta da saída. 

Continuará…

1

2

3

4

5

6

7

8 (2)

9

10 (2)

11

12 (3)

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s