A segunda nena de nome Mara que posa para “Malos tempos para a lírica”, e faino cunha mestura de abraio, sosego e ledicia que flúe sen artificio durante a sesión. A Mara préstalle empurrar da carretilla, xogar coas follas e coas castañas, bulir dun lado a outro co tallo e coa boneca que a acompaña nun serán de xogo e fotos. Debuxa sorrisos que se agrandan sinceros e complexos de esvaecer. Se así sucede, será froito de reclamo para a súa atención que precisa ollar con esmero. De manifesto queda todo ilo nas instantáneas que recolleron as nosas cámaras.
E sen máis delonga, tendes a escolleita de imaxes para coñecer á linda protagonista.
Coma sempre, agradecemento ós pais de Mara por amosar gusto polo noso facer!
Anuncios