PAPAVENTOS BOLBORETA, GLOBOS, ZOCOS DE EFERRO, MAR, ROCHAS E VENTO… ARGALLANDO COA SARIÑA.

Antes de que “Malos tempos para a lírica” se fíxese real,  Sara xa era rostro asiduo para as nosas cámaras. Dende que contaba con poucos meses de vida deixouse retratar tan natural como riseira. Endexamais amosou incomodidade pola súa presenza , ó contrario, Sariña actúa como se ninguén a ollase, inmiscuida no seu particular mundo. Un mundo que relata a viva voz, sen vergoña posible. Un universo intransferible recheíño de aventuras e aventureiros, cores vivas e debuxos,  de personaxes ficticios que a seguen alí a onde a fantasía a transporte. O seu séquito de bonecos é compaña de obriga nos paseos, nas viaxes, nas noites de soños.

É unha cativa independente Sara, analítica dende a serenidade, é a pregunta directa pero con certo disimulo na intención, discreta nas formas, melosa sen exceso. A cativa do “eu sempre cabaleiro”, nunca princesa. Nena con personalidade moi propia e singular.

Nines como nai repara nela de continuo, non lle perde a pista, aloumiñaa en múltiples formas, dende a mirada ata os beixos e as apertas espontáneas. Agarimo que se transmite nas conversas irrelevantes, nas serias, nos segredos ó oído,  na ensinanza, na disciplina precisa. Outro exemplo de que o amor é sempre a mellor guía para os que son responsabilidade e futuro.

A tarde de despreocupación infantil e admiración materna, nutriuse nesta ocasión do papaventos bolboreta, os globos, os zoquiños vermellos de Eferro e as botas de auga -igualiño de coloradas-, para saltar nas pozas de auga de mar. Da area e as pedras, do vento con perfume a salitre, do sol tardío.  Unha experiencia das significativamente fermosas para “Malos tempos para a lírica”.

Será enésimo agasallo camiñar e medrar contigo de preto Sara …  

1

2

7

3

6 (1)

8

9 (1)

9 (2)

10

11

12

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s