Fai uns meses Helena e Mara eran protagonistas dunha especial sesión para “Malos tempos para a lírica” na compaña de súa nai Goretti e de Celia, a irmá maior. Este verán a pequena e a mediana do tándem, voltaron emprestarnos rostro e ledicia nunha nova reportaxe co canto da celebración da comuñón de ambas.
Tardiña de solpor, cheiro a herba seca, vestidos brancos e lazos de tule enredados pola airexa, moitos risos e sobre todo… do esplendor dese crepúsculo engalanado coa complicidade de dúas cativas unidas polo sangue, pero tamén pola amizade, acostumadas a librar batallas e festexar alegrías a dúo.
A continuación as imaxes que recollen o resultado e tamén, dos recordatorios elaborados artesanalmente, coma de costume, para o día do convite.
(De fondo ben podería soar : ” You’re My Best Friend” – Queen. )