NATHALIA E QUIQUE, OLLOS DE AMÉNDOA.

Nathalia e Quique celebraron xuntos comuñón e bautizo o pasado verán. Xuntámonos con eles nunha tardiña morna en Riotorto para a sesión conxunta dos irmáns, previa ó evento.

Nathalia dende a chegada esboza sorriso, nimbo de tenrura e unha seguridade ante a cámara non común nunha cativa da súa idade.  Quique pola contra,  resposta temeroso á presenza dos obxetivos de “Malos tempos para a lírica”. O seu encantador apoucamento vaíse vencendo co paso dos minutos, o empuxe da maior, os elementos que decoran os encadres -a vella máquina de escribir, o marco de madeira pra xogar cos rostros… todo colabora. Seu pai chámalle con agarimo “Mowgli” debido o seu parecido físico co protagonista da novela de Kipling, “O libro da selva” e entón sí, logranse as gargalladas espontáneas do neno.

Flúen as tomas nun ambiente xa completamente distendido, un perfil, unha mirada osada de fronte, os pousados e os roubados… Destacan sempre os ollos grandes, escuros, a modo de améndoas … de ambos. Fermosos a rabiar, profundos, expresivos, cheos de apetencia infantil.

Pra non variar horas bonitas, tempo ben invertido e novo relato visual á “arqueta” do noso compendio de faces inesquecibles.

Grazas a Martha e a Venancio!  

O resultado… soa https://www.youtube.com/watch?v=ki6GEcteLao
0

1
103-1

1514 (2)

A (12)

5

6

2B

A (20)

A (8)

A (13)

A (37)A (3)7

31

30

A (16)A (15)22B30 (2)37

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s