MALOS TEMPOS…?

 

11215071_10204168050748405_5937251170670298284_n 

Por que?

Porque nos tempos que corren tal afirmación cobra  demasiado sentido.
porque a incerteza semella rematar co nítido dos anhelos
porque aínda así unha forza interna empuxa a erguer o corpo, a erguer o espírito cada día…
en última instancia, empuxa… a vivir.
e porque vivir é sorrir, é desexar, é levitar, é, sobre todo crer e crear.

Para que?

Para gozar e facer gozar.

Para dar testemuño, mediante a sucesión de imaxes de hoxe que o serán para mañá, de intres de sorrisos, encontros, celebracións e emocións compartidas.

Principios?

1.A defensa da alegría. En verbas de Benedetti, a alegría como dereito, a alegría como destino, a alegría como certeza.
2.A ilusión, a inxenuidade que é cerne e reviste esta sinxela aspiración… a tempos escuros, miradas con luz.

E unha bicicleta como símbolo?

Con ansia pueril “subímonos” a este proxecto, á “bicicleta” na que agora pedaleamos a dúo, coa liberdade que concede facelo sen nada que contamine, só cos pulmóns recheos de aire limpo como forza motriz. As rodas son os obxectivos das nosas cámaras, os que directamente te apuntan a ti, si a ti!! Para que só ti sexas o protagonista do momento que elixas e nos unicamente o medio para convertelo en eterno…

“seguro que algún día canso e aburrido compartirás con alguén un novo amencer”. Letra “Malos tempos para a lírica”. Golpes Bajos.

Sobes?

Laura & Emma

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s